Novas


25/10/13

OS ALUMNOS DE 4º DE PRIMARIA VISITAN A CAPELA

Os rapaces de 4º de Ed. Primaria, na súa primeira visita á Capela neste curso, realizaron unha doble celebración: Por unha banda, o comezo de curso, a volta ao colexio e aos ratos entre amigos; e, pola outra banda, o final dun mes solidario, xa que durante todo o mes levamos a cabo tarefas de concienciación sobre as misiones e a necesidade de ser misioneiros nos nosos fogares. Na capela, comprometímonos a seguir mellorando como grupo, pedimos a Xesús que nos de forzas para conseguilo e rematamos rezando o Noso Pai en Inglés, para sentirnos máis unidos ao resto de misioneiros espallados polo mundo.