NOVAS


29/11/13

OS DE 4º DE PRIMARIA VOLVEMOS Á CAPELA

Xusto no último día lectivo do mes, os rapaces de 4º de Ed. Primaria voltamos á Capela. Alí, a través da oración e a reflexión, sentímonos máis preto de Deus e recordamos algunha das principais actividades realizadas ao longo deste mes de novembro. Comenzamos cunha oración á Virxe e a nosa ofrenda das flores que preparáramos días antes nas aulas. Logo tivemos un especial recordó aos nosos pais fundadores, Marcos e Gertrudis, lendo algunha das cartas que con cariño lles escribíramos. Para rematar, como cada mes, rezamos o Noso Pai, esta vez en galego.