NOVAS


18/12/13

OS NENOS DE 4º DE PRIMARIA CELEBRAN O NACEMENTO DE XESÚS

Os rapaces de 4º de Ed. Primaria, voltamos á capela. Esta vez, para celebrar como se merece o nacemento do Neno Xesús. Despois de preparar unha canastiña chea de obxectos, e, sobre todo, de valores para estas datas de Advento, voltamos á capela para presentala ao Neno cos nosos enormes desexos de ser mellores cristiáns e máis irmáns entre nós. Recordamos o sentido do Advento, a importancia do Nadal e a necesidade de seguir construíndo xuntos esa mensaxe de esperanza que o Neno trouxo hai máis de dous mil anos.