NOVAS


18/12/13

GEMA MARIÑO FERRADÁNS RECIBE O PRIMEIRO PRENIO NO CONCURSO DE CARTEIS DA CABALGATA 2014

O departamento de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa, que dirixe a concelleira Rocío Llovo, entregou os premios do concurso de debuxo dos carteis da Cabalgata de Reis 2014. O primeiro premio é para o traballo realizado pola nena de 9 anos Gema Mariño Ferradáns, que cursa 4º de Primaria no Colexio Filipense Sagrada Familia, mentres que Fiona Castro, alumna de 11 anos do CEIP Arealonga, foi merecedora do accésit en opinión do xurado.
O debuxo premiado aparecerá no cartel da Cabalgata. Preto de 60 debuxos se presentaron este ano ao concurso que por vez primeira foi aberto a todos os nenos e nenas da cidade de xeito individual. Non obstante, aínda así, varios colexios participaron como colectivo presentando de forma conxunta os traballos dos seus alumnos.

Tanto Gema como Fiona recibiron como premio un caballete e un xogo de pinturas para que segan practicando as súas dotes artísticas.