Novas


26/03/14

A NOSA MANEIRA DE VER A GIOCONDA

Esta mañá visitounos Cristina, a directora de arte do Liceo Casino de Vilagarcía, para achegarnos ao proxecto "Acercamiento a la Comprensión del Arte". O obxectivo do mesmo e dar a coñecer diferentes obras de arte que xa son iconos de inmportante referencia artística.
Elixiuse a obra pictórica "Mona Lisa", tamén coñecida como "Gioconda". Cristina presentoulle, aos nenos de 4º de Primaria, varias interpretacións da obra e alentounos a facer a súa propia.
Terán que realizar o traballo nunha taboa de 25x35 cm, cunha técnica libre pero cun acabado de veniz, xa que as obra seleccionadas colocaranse no exterior e pasarán a formar parte dun muro da cidade de Vilagarcía de Arousa, unha vez rematado o proxecto

A ver cantos artistas filipenses fan a súa interpretación.