Novas


21/04/15

O MUSEO DO REFUGALLO

Os alumnos de 4º de Ed. Primaria, complementando o prxecto "Reciclate con SOGAMA" presentaron as súas obras de arte reciclado na entrada do colexio.
Os traballos expostos foron feitos utilizando moitos dos materias de refugallo que tiramos ao lixo no noso fogar todos os días. A creatividade e habilidade transformaron plásticos, cartóns ou latas en fantásticos xoguetes e moi útiles obxectos. Cartóns ou corchos cobraron vida en animais, coches ou huchas.
A importancia do reciclado nos máis novos é moi importante xa que toman conciencia da protección do entorno que nos rodea. Os alumnos filipenses, tendo un espazo tan privilexiado no colexio con multitude de árbores, deben entender que é a nosa labor o coidar os espazos naturais para que pidan ser disfrutados por moitas xeracións diferentes.