Novas


06/06/12

ACTIVA AMPLÍA A SÚA OFERTA DE ACTIVIDADES PARA O CURSO 2012/13

Ao finalizar o presente curso, dende o Centro, queremos recordarlles que,  como viñamos facendo os anos anteriores e co desexo de seguir innovando e incrementando a calidade da educación que impartimos aos seus fillos, lles presentamos as circulares coas actividades que desenvolveremos no Colexio durante o curso 2012/13, fora do horario escolar e coa colaboración de Activa

Na circular, que podedes descargar no apartado CIRCULARES/ACTIVA desta web, preséntanse as actividades formativas que este ano ampliamos, dando aos alumnos a posibilidade de participae en actividades como Inglés, Italiano, Teatro / Contacontos, Animación á lectura, Expresión Corporal, BAllet, Xadrez, Coro e Guitarra, Manualidades, Xogos Corporativos e Fútbol sala.
No mesmo apartado desta web atoparedes tamén o Boletín de Inscripción e os horarios

Queremos además dar a noraboa a todos os alumnos que se presentaron este curso ao exame Trinity, nos seus diferentes graos pois acadaron un 100 opr 100 de aprobados no noso Colexio