Novas


06/11/13

NOVA XUNTANZA DE JOFIL

O vindeiro sábado, 9 de novembro, ás 10.30, o grupo de JOFIL volverase a xuntar. O mes pasado disfrutamos dun gran día no que os participantes aproveitaron para coñecerse algo máis entre eles coa axuda dunha xincana de xogos. Nesta convocatoria empezaremos a preparar as manualidades que máis adiante venderemos no Mercadillo Solidario, que todos os anos celebramos para recadar fondos para fins benéficos.
Estades todos convidados a pasalo ben na mañá do sábado!