Novas


28/02/14

JOFIL APORTA O SEU GRAO DE AREA CO MERCADIÑO SOLIDARIO

O grupo de alumnos que pertencen a JOFIL, durante o primeiro trimestre e boa parte do mes de xaneiro, foron realizando manualidades con moitísima ilusión para facer o Mercadiño Solidario, que estivo na aula de música durante toda esta semana. Esta foi a súa maneira de aportar un grao de area para crear unha grande cadea de favores que axude a mellorar o mundo.
Ademais os maiores do grupo fixeron un obradoiro de doces creativos. Capcakes, bolachas, cakepops, e unha increible tarta saíron de entre os fogóns, para incorporarse ao Mercadiño Solidario.
Todo o recadado será enviado aos alumnos filipenses de República Dominicana e ao Proxecto de nova misión na India.

Fuente: https://www.youtube.com/watch?v=SAzZxgKOcYw